Taller e investigación ao redor da arquitectura da auga ao seu paso polos cinco camiños de peregrinación que conflúen en Santiago. Tras seleccionar lugares en cinco municipios radiais a Compostela e a unha distancia media de 12 km do centro histórico, preténdese descubrir como unha arquitectura modesta pode conducirnos a través das relacións significativas a estruturas máis complexas.
O taller teórico e práctico é un work in progress guiado pola arquitecta Elisa Gallego e o fotógrafo valenciano Julián Barón, merecedor dunha mención de honra no First PhotoBook Award da París Photo- Aperture Foundation polo seu libro C.E.N.S.U.R.A, xunto aos arquitectos Juan Creus, Pablo Gallego e Francisco Leiva do Grupo Aranea. Tras varias sesións de talleres durante o mes de marzo, o taller culminou cunha publicación e exposición na Fundación DIDAC.
Participei xunto con Michael Juan Sierra analizando o lugar do Amenal, no concello do Pino, polo que pasa o camiño francés nas proximidades do aeroporto de Lavacolla.
Axonometría do Lugar do Amenal e plano de vínculos.